Thursday 28 de March de 2024

Abegondo prepara unha peregrinación veciñal a Santiago con motivo do Ano Santo


• O Concello baralla dúas modalidades e pide á cidadanía que manifeste o seu interese

Os veciños de Abegondo poderán celebrar o Ano Santo cunha peregrinación á catedral de Santiago organizada polo Concello. Os departamentos de Cultura e Servizos Sociais preparan a actividade para os próximos meses, esperando que a situación sanitaria xa a permita.
O Concello baralla dúas modalidades e pide ás persoas interesadas que se inscriban para coñecer cal tería mellor acollida.
Na primeira opción, o Camiño Inglés sería o elixido para un roteiro a pé, dado que parte do seu tramo discorre ademais por Abegondo. A idea é comezar en Ferrol para percorrer o trazado completo. En principio, o Concello programará o Camiño en 7 etapas durante varios sábados.
A segunda modalidade sería sen camiñada, unha excursión directa a Santiago. Para as dúas opcións, o Concello tramitará a recepción na Catedral á chegada.
Todas as persoas interesadas en realizar esta peregrinación poden chamar ao Concello ao 981 647 909 para inscribirse.